Verán en Speak Up!

2023

Vén a Speak Up! a desfrutar do verán. As nosas actividades están pensadas para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade; realizaranse obradoiros creativos, saídas culturais, xogos, dinámicas grupais... sempre practicando un pouquiño o inglés!


Quendas

Primeira: 22-30 de xuño

Segunda: 3-7 de xullo

Terceira: 10-14 de xullo

Prezos*

                                 Alumnos                     Non alumnos

1ª quenda:                 91,00 €                            98,00 €

2ª quenda:              70,00  €                            75,00 €

3ª quenda:               70,00 €                            75,00 €

1ª-2ª quenda:          153,00 €                           164,00 €

2ª-3ª quenda:         133,00 €                           142,00 €

1ª a 3ª quenda:      208,00 €                          223,00 €


Servizo de madrugadores: 25,00 €/quenda

Servizo de mediodía: 25,00 €/quenda

Servizo de madrugadores + mediodía: 40,00 €/quenda

Programa (EN/ES/GAL)

7:45-9:00 Madrugadores (opcional)

9:00-11:15 Obradoiros varios (artísticos, científicos, deportivos, socioemocionais...)

11:15-12:00 Merenda e tempo libre

12:00-14:00 Gran xogo (gymkhana, busca do tesouro, piscina, excursión, xogos de auga...)

14:00-15:00 Atención ao mediodía (opcional)


                  Inscríbete xa!

Descarga o noso formulario de inscrición e envíanolo cumprimentado a speakupsantiago@gmail.com ou déixao no buzón da academia. Tamén podes cubrilo directamente alí e asinalo se fose necesario (de non ter o certificado electrónico). Ten en conta que as prazas son limitadas!

En canto aos pagamentos, só serán efectivas as inscricións que, unha vez recibidas as súas fichas, realicen o pagamento nas 48 horas seguintes. Este poderase realizar en efectivo, por domiciliación bancaria no caso dos alumnos/as da academia ou por transferencia/ingreso na conta bancaria Abanca: ES94 2080 0326 1130 4000 5093 a nome de Speak Up!

O prazo de inscrición remata cando se cubran as prazas ou 15 días antes da data de inicio da/s quenda/s seleccionada/s. 

Rúa do Home Santo 10, Santiago de Compostela, 15703
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis!