INGLÉS
Así acabes de comezar ou leves anos a voltas co inglés, e teñas o nivel que teñas, se estás decidido a mellorar, en Speak Up! podemos botarche unha man. Farémolo independentemente de se o teu obxectivo é aprobar un exame para certificar o teu nivel, cubrir as esixencias do traballo, poder manexarte nunha viaxe ao estranxeiro ou simplemente ter a satisfacción de poder comunicarte nunha nova lingua.
Sabemos que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira pode resultar monótona, aburrida e incluso pesada; por iso queremos ofrecerche unha alternativa lúdica e interactiva para que o collas con ganas e progreses moito máis rápido.
Incorpórate aos nosos grupos estándar para todas as idades, con clases de 1 h dous días á semana (de luns a venres de 15:30 a 21:30*); os grupos están divididos segundo a idade e o nivel para unha maior personalización. Se o prefires, podes apuntarte ás nosas clases individuais ou en parella para un seguemento todavía máis individualizado, así como a clases de conversación.
Non o penses máis e redescobre o inglés en Speak Up!
*a excepción do grupo de adultas (venres 18:30-20:00) e o de preescolar, con só 1 hora semanal